Ning permite que creemos a nosa propia rede social (e máis de unha). Só esixe para iso ter unha conta ou ser usuario dunha outra rede.
1. Creación e administraciónDúas opcións iniciais:

Tras poñer os nosos datos, pedirásenos que acheguemos os fundamentais do sitio (máis adiante poderán cambiarse):

A continuación haberá que integrar os recursos dos que queremos dispoñer (véxase abaixo Administrar Recursos):

E antes de lanzar xa a rede á gran rede, solicitarásenos que personalicemos a aparencia (se non, aparecerá o tema e as configuracións predeterminadas).
Prememos en LANZAR e tocará crear aínda unha chave mestra, unha especie de segundo contrasinal, preciso para entrar a administrar no futuro. Go!
Unha vez dentro, cumprirá administrar (tamén retocando o que for preciso do anterior) e editar desde a páxina principal.
- Funcionalidades desde Administrar

Convidar amigos. Envío de convites a coñecidos ou a
amigos doutras redes ning. Facilita moito este labor a opción de importar catálogos de enderezos.

Aviso xeral. Envío dunha mensaxe ao correo de cada un dos membros.

Últimas actividades. Escolla do tipo de información a exhibir no módulo de últimas actividades -véxase Recursos- e mais adición de mensaxes (predeterminadas ou non) nese mesmo módulo.

Badges. Personalización (texto, imaxe...) dos distintivos da rede -tipo:

-, con opción de partilla noutras redes sociais, como
Faceboock ou
MySpace.

Promoción do Faceboock. Creación guiada de aplicativos para integrar contidos do noso espazo nesoutra rede.

Informacións da rede. Revisión dos datos definitorios: nome, descrición, imaxe-icona, idioma, etc.

Recursos. Escolla e distribución dos recursos ou módulos que queremos que aparezan na páxina principal. Á esquerda temos á nosa disposición unha serie deles e deberemos arrastralos e colocalos nunha das dúas columnas ou no centro. Poden moverse verticalmente dentro de cada un deses espazos, tendo en conta que o bloque superior da columna dereita é inamovíbel (e contén caixa de publicidade no servizo de balde). Debaixo da información sobre o usuario que creou a rede, no recadro en cor de fondo distinta, situaremos os recursos que desexamos que aparezan constantemente, en todas as páxinas interiores. Caixa para texto (que admite código html) e RSS poden repetirse ata dez veces. Se queremos retirar algún elemento, só hai que arrastralo para o lugar indicado. Non debemos esquecer premer ao final en Salvar recursos.
Ning ofrece, entre outras cousas e cunha configuración moi sinxela que se realiza posteriormente, indicación de cales foron as últimas accións dentro da comunidade (caixa de Actividades), presentación das novas entradas dos blogues internos de cada membro e das últimas intervencións no foro, un chat, exhibición de vídeos, fotos e músicas compartidos, calendario de eventos de interese, libreta de notas, correo interno... Dependendo dos obxectivos da rede, faremos un uso pleno ou só parcial de tales recursos e destacaremos arriba e no centro uns ou outros (parece evidente que Atividades debería ser un deles).

Aparencia. Configuración de todo o relacionado co deseño da rede: tema, imaxe de fondo, cores, tipo de letra, etc. Para remexer no CSS de avanzado cómpren coñecementos ao respecto e certo coidado, claro. Se modificamos algo, darémoslle entón a Salvar.

Tab Manager. Ampliación, redución, reorganización e deseño dos indicadores de páxinas internas (as persoais, a de grupos, a do foro...) que aparecen no cabezallo.

Editor de idioma. Modificación das solucións na versión lingüística escollida e posibilidade de creación dunha nova tradución (a galega está só comezada).

Inserción de código javaScript para obter estatísticas de visitas (orixes, preferencias...) páxina a páxina, como serve
Google Analytics. En todo caso, a información que fornecen sitios como
Histats pode ser máis que suficiente, contando ademais con que a introdución de javaScript soe provocar problemas no correcto funcionamento da rede.

Premium services. Servizos de pago que ofrece a plataforma.

Importar do Flickr. Configuración ben guiada para importar as imaxes da nosa conta en
Flickr.

Preguntas de perfil. Especificación das cuestións persoais (datos de interese, opinións orientativas...) que deben/poden responder as persoas que pretenden ser membros da rede..

Membros. Control de integrantes: datos de rexistro, cambio de rol, eliminación.

Privacidade da rede e control de recursos. Determinación da visibilidade e acceso e permisos para a realización de certas accións, como subir fotos e vídeos.
Por último, desde Administración tamén se accede directamente a sitios nos que procurar axuda sobre cuestións técnicas.
- Funcionalidades desde a Páxina principal
O acceso coa conta de administrador fai que se mostre na páxina principal un recadro de edición (Editar) nos recursos escollidos. Deste xeito, decidimos a cantidade e o tipo de elementos a mostrar, escribimos/modificamos texto/código html (nas caixas de Texto) ou configuramos doadamente os RSS.
Entrando en Fórum, temos a posibilidade de administralo, sobre todo para organizar as diferentes actividades en categorías, que haberá que engadir para logo clasificar cada tópico ou tema aberto.
2. Manexo como membroAlgunhas cuestións centrais: