Vodpod é un servizo de colección e captura de vídeos, infografías, presentacións, etc. dispostas na rede para crearmos canles que logo podemos amosar no noso sitio web e mais para inserirmos directamente eses materiais no noso blogue. É especialmente útil se este está creado en wordpress, posto que supón practicamente o único xeito de integrar (e non simplemente ligar, aínda que sexa con imaxe) os resultados de moitos servizos da rede. Polo tanto, serve para recompilar e presentar de xeito atractivo material multimedia existente, creado por nós ou por outros usuarios en diversas aplicacións web; non se trata dun espazo de edición nin de aloxamento.

Que permite recoller?
Que permite realizar?
Os principais pasos a seguir son os seguintes:

1. Entramos en Vodpod e prememos en Sign Up Now para crear a nosa conta.



Cubrimos os datos solicitados, claro, e dámoslle ao botón.



2. Abrimos o noso sitio Vodpod.


Alí atoparemos todas estas funcionalidades:


3. Incorporamos os vídeos, presentacións, etc. que necesitemos colando o seu código embed ou html. Botaremos man de search se nos interesan materiais xa incluídos en Vodpod por outros usuarios.


Daquela, mostrarásenos unha pantalla que posibilita salvar o vídeo, slideshow... na nosa canle de Vodpod ou colocalo nun artigo de blogue (ademais doutros espazos). Se preferimos a primeira opción:




Se é a segunda, seguiremos este proceso:

a)

b)



Mais, todo o anterior pode realizarse sen acudir directamente ao sitio de Vodpod se o Mozilla Firefox é o noso navegador (cousa recomendábel). Ademais, non sempre é posíbel acceder ao código embed dos materiais que nos interesan (caso das infografías, por exemplo). Nese caso, instalamos a extensión de Vodpod (botón Share video) para realizar capturas. Chegaremos a esta páxina:



que nos permitirá facer a instalación:



Unha vez rematada esta, teremos no navegador o botón preciso para premer cando teñamos aberta unha páxina con material de interese.



Se non fixemos antes o rexistro en Vodpod, requirirásenos facelo. E xa podemos comezar a capturar. Se a páxina aberta inclúe varios elementos capturábeis, estes mostraranse en serie numerada:



O procedemento a seguir é idéntico ao presentado antes.
Algúns exemplos dos resultados poden verse nas anotacións Imaxes (e outras) e mais na barra lateral desta proba.
Tamén pode ser aproveitábel a axuda de Vodpod.

Wordpress dispón dun widget específico (Vodpod Videos) que é quen de mostrar ata cinco elementos (vídeos, diaporamas...) na barra lateral. Configuramos este widget poñendo o nome do noso pod (da canle na que previamente fomos inserindo os materiais) e escollendo un estilo -como floating- que inclúa "5 vídeos".
Blogaliza acepta no widget Texto o código do widget propio de Vodpod, de xeito que poderemos recoller na barra lateral todos os elementos que teñamos nunha canle.

Blogues                    Redes  Imaxes  Presentacións  Vídeo  Son  +Multimedia  Outros
Wordpress  Blogaliza  Ning                Vodpod